SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

30.4.09

VIVEIRO DE EMPRESAS

Rematado xa o informe que analiza a posibilidade e viabilidade da creación dun Viveiro de Empresas para o Territorio do Pacto.
O viveiro de empresas permitirá ás novas iniciativas empresariais dispor dun lugar axeitado para que as súas ideas se desenvolvan ata lograr a madurez e a consolidación precisa no tecido empresarial.
O motivo deste informe é analizar dunha forma minuciosa a estrutura empresarial do Pacto que nos poida dar unha visión sobre o funcionamento da actividade emprendedora. O informe está organizado en varias seccións. Comeza cun resumo dos principais factores condicionantes do crecemento empresarial, seguido da definición de viveiro de empresas e os servizos que ofrece e remata coa realidade socioeconómica do Pacto.

Podédelo consultar no menú INFORMES á dereita.

No hay comentarios: