SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

22.4.09

ANÁLISE SOCIO-ECONÓMICA

Este informe contén un estudio sobre o comportamento socio-económico nos últimos anos. Tomouse como referencia o periodo 2001-2007 para estudar as seguintes variables: poboación, mercado laboral, empresas e formación.

(Prema co rato na marxe dereita da portada do informe para comezala súa visualización)


No hay comentarios: