SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

17.7.09

BOLETÍN INFORMATIVO DE PARO XUÑO 2009

Informe mensual do paro en xuño do 2009

Premo co rato na marxe dereita.

8.7.09

FORMACIÓN PROFESIONAL REGRADA.

  • Para acceder ós ciclos medios: hai que ter o título de graduado en E.S.O ou superar a proba de acceso correspondente.
  • Para acceder ós ciclos superiores: hai que ter o título de bacharelato ou superar a proba de acceso correspondente.
  • Para acceder ós cilos medios con oferta modular en réxime de adultos ademáis hai que ter 18 anos.

    *consultar no centro os requisitos de acceso.

1. CICLO SUPERIOR

Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo:

  • C.S. Administración e Finanzas.

2. CICLO MEDIO

Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo:

  • C.M. Xestión administrativa.
  • C.M. Perrucaría.
  • C.M. Elctromecánica de vehículos.
  • C.M. Coidados auxiliares de enfemería.
  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.

Concello de Carballeda de Valdeorras. I.E.S. sección Sobradelo - Carballeda:

  • C.M. Cubrición de edificios. Lousas.

Concello da Pobra de Trives. I.E.S. Xermán Ancochea Quevedo:

  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.
3. CICLOS MEDIOS OFERTA MODULAR RÉXIME DE ADULTOS


Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo
  • C.M. Atención sociosanitaria.

Concello de Viana do Bolo. I.E.S. Carlos Casares

  • C.M. Atención sociosanitaria.
NOTA:
na guía de recursos, que aparece neste blog, están os datos de contacto dos I.E.S.

FORMACIÓN OCUPACIONAL 2010

Relación de cursos de formación ocupacional que se están impartindo no Pacto polo emprego.

Para acceder a esta formación hai que ser desempregado ou desempregada e ter a demanda de emprego ó día na oficina de emprego que corresponda.
Nos primeiros quince días do curso, se quedan prazas, todavía pódese solicitar o acceso ó mesmo.

Concello de O Barco de Valdeorras:

- Actividades de Venda (Academia Barco). Data de inicio: por determinar

- Empregado de oficina (Academia GOSUB). Data de inicio: 03/05/2010

- Promoción turística local e información ao visitante (Asociación empresarial de Valdeorras). Data de inicio: por determinar

- Carpinteiro-ebanista artesán (Concello de O Barco de Valdeorras). Data de inicio: 06/05/2010

6.7.09

POBOACIÓN PARADA REXISTRADA POR SECTORES XUÑO 2009

Na seguinte gráfica podemos ver a distribución por sectores económicos da poboación parada rexistrada no mes de xuño, no Pacto, Ourense e Galicia.
Como se pode ver o sector servizos e o da industria son os que máis desempregados/as teñen.
(pinche no gráfico para velo ampliado)