SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

8.7.09

FORMACIÓN OCUPACIONAL 2010

Relación de cursos de formación ocupacional que se están impartindo no Pacto polo emprego.

Para acceder a esta formación hai que ser desempregado ou desempregada e ter a demanda de emprego ó día na oficina de emprego que corresponda.
Nos primeiros quince días do curso, se quedan prazas, todavía pódese solicitar o acceso ó mesmo.

Concello de O Barco de Valdeorras:

- Actividades de Venda (Academia Barco). Data de inicio: por determinar

- Empregado de oficina (Academia GOSUB). Data de inicio: 03/05/2010

- Promoción turística local e información ao visitante (Asociación empresarial de Valdeorras). Data de inicio: por determinar

- Carpinteiro-ebanista artesán (Concello de O Barco de Valdeorras). Data de inicio: 06/05/2010

No hay comentarios: