SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

13.10.09

FORMACIÓN PROPOSTA DENDE A CIG

Ó sindicato CIG ten previsto levar a cabo os seguintes cursos:

- Informática de usuario (55 horas)
- Prevención de rsicos laborais (55 horas)
- Palista-cargador (45 horas)

Os cursos poderán ter un máximo de 15 alumnos/as e as datas están por determinar.

- Curso específico de prevención para traballadores e traballadoras da pizarra (12 horas)
Datas previstas: do 19 de abril a 27 de abril
Horario: de 19h. a 21h.
Número máximo de alumnos/as: 25

- Curso xenérico de prevención de riscos laborais (55 horas)
Datas previstas: do 3 de maio a 9 de xuño
Horario: por determinar
Número máximo de alumnos/as: 25

Para máis información chamar ao teléfono 988 321 511

FORMACIÓN SINDICATO CIG

Os cursos que se teñen previsto impartir na CIG son:

- Informática de usuario (55 horas)
- Prevención de riscos laborais (55 horas)
- Palista-Cargador (45 horas)

Os máximo de alumnado por curso será de 15 persoas e as datas están por determinar.

- Curso específico de prevención para traballadores e traballadoras da pizarra (12 horas)
Datas previstas: do 19 abril a 27 de abril
Número máximo de alumnos/as: 25
Horario: de 19 h. a 21 h.

- Curso xenérico de prevención de rsicos laborais (55 horas)
Datas previstas: do 3 de maio a 9 de xuño
Número máximo de alumnos/as: 25
Horario: sen concretar

Para máis información chamar ao teléfono 988 321 511

12.8.09

BOLETÍN INFORMATIVO DE PARO XULLO 2009

Informe da situación do desemprego no mes de xullo de 2009

Informe de desemprego. Xullo 2009

17.7.09

BOLETÍN INFORMATIVO DE PARO XUÑO 2009

Informe mensual do paro en xuño do 2009

Premo co rato na marxe dereita.

8.7.09

FORMACIÓN PROFESIONAL REGRADA.

  • Para acceder ós ciclos medios: hai que ter o título de graduado en E.S.O ou superar a proba de acceso correspondente.
  • Para acceder ós ciclos superiores: hai que ter o título de bacharelato ou superar a proba de acceso correspondente.
  • Para acceder ós cilos medios con oferta modular en réxime de adultos ademáis hai que ter 18 anos.

    *consultar no centro os requisitos de acceso.

1. CICLO SUPERIOR

Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo:

  • C.S. Administración e Finanzas.

2. CICLO MEDIO

Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo:

  • C.M. Xestión administrativa.
  • C.M. Perrucaría.
  • C.M. Elctromecánica de vehículos.
  • C.M. Coidados auxiliares de enfemería.
  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.

Concello de Carballeda de Valdeorras. I.E.S. sección Sobradelo - Carballeda:

  • C.M. Cubrición de edificios. Lousas.

Concello da Pobra de Trives. I.E.S. Xermán Ancochea Quevedo:

  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.
3. CICLOS MEDIOS OFERTA MODULAR RÉXIME DE ADULTOS


Concello do Barco. I.E.S. Lauro Olmo
  • C.M. Atención sociosanitaria.

Concello de Viana do Bolo. I.E.S. Carlos Casares

  • C.M. Atención sociosanitaria.
NOTA:
na guía de recursos, que aparece neste blog, están os datos de contacto dos I.E.S.

FORMACIÓN OCUPACIONAL 2010

Relación de cursos de formación ocupacional que se están impartindo no Pacto polo emprego.

Para acceder a esta formación hai que ser desempregado ou desempregada e ter a demanda de emprego ó día na oficina de emprego que corresponda.
Nos primeiros quince días do curso, se quedan prazas, todavía pódese solicitar o acceso ó mesmo.

Concello de O Barco de Valdeorras:

- Actividades de Venda (Academia Barco). Data de inicio: por determinar

- Empregado de oficina (Academia GOSUB). Data de inicio: 03/05/2010

- Promoción turística local e información ao visitante (Asociación empresarial de Valdeorras). Data de inicio: por determinar

- Carpinteiro-ebanista artesán (Concello de O Barco de Valdeorras). Data de inicio: 06/05/2010

6.7.09

POBOACIÓN PARADA REXISTRADA POR SECTORES XUÑO 2009

Na seguinte gráfica podemos ver a distribución por sectores económicos da poboación parada rexistrada no mes de xuño, no Pacto, Ourense e Galicia.
Como se pode ver o sector servizos e o da industria son os que máis desempregados/as teñen.
(pinche no gráfico para velo ampliado)

30.6.09

ANÁLISE SOCIO-ECONÓMICA 2008

Este informe contén un estudo sobre o comportamento socio-económico no ano 2008 e estuda as seguintes variables: poboación, mercado laboral, empresas e formación.

Prema co rato na marxe dereita para visualizalas páxinas

9.6.09

POBOACIÓN PARADA REXISTRADA POR SECTORES MAIO 2009

Na seguinte gráfica podemos ver a distribución por sectores económicos da poboación parada rexistrada no mes de maio, no Pacto, Ourense e Galicia.
Como se pode ver o sector servizos e o da industria son os que máis desempregados/as teñen.
O sector da industria ten moito máis peso no Pacto que en Ourense ou en Galicia.
(pinche no gráfico para velo ampliado)

18.5.09

POBOACIÓN PARADA REXISTRADA POR SECTORES ABRIL 2009

Na seguinte gráfica podemos ver a distribución da poboación parada rexistrada no mes de abril por sectores económicos, no pacto, Ourense e Galicia.
(pinche no gráfico para velo ampliado)

30.4.09

VIVEIRO DE EMPRESAS

Rematado xa o informe que analiza a posibilidade e viabilidade da creación dun Viveiro de Empresas para o Territorio do Pacto.
O viveiro de empresas permitirá ás novas iniciativas empresariais dispor dun lugar axeitado para que as súas ideas se desenvolvan ata lograr a madurez e a consolidación precisa no tecido empresarial.
O motivo deste informe é analizar dunha forma minuciosa a estrutura empresarial do Pacto que nos poida dar unha visión sobre o funcionamento da actividade emprendedora. O informe está organizado en varias seccións. Comeza cun resumo dos principais factores condicionantes do crecemento empresarial, seguido da definición de viveiro de empresas e os servizos que ofrece e remata coa realidade socioeconómica do Pacto.

Podédelo consultar no menú INFORMES á dereita.

29.4.09

POBOCAIÓN PARADA REXISTRADA POR SECTORES ECONÓMICOS

Na seguinte gráfica pódese ver a distribución da poboación parada rexistrada (PPR) por sectores económicos, no territorio do pacto, a provincia de Ourense e a Comunidade Autónoma.
(pincha na gráfica para vela ampliada)


22.4.09

ANÁLISE SOCIO-ECONÓMICA

Este informe contén un estudio sobre o comportamento socio-económico nos últimos anos. Tomouse como referencia o periodo 2001-2007 para estudar as seguintes variables: poboación, mercado laboral, empresas e formación.

(Prema co rato na marxe dereita da portada do informe para comezala súa visualización)


2.4.09

Guía de Recursos

Hoxe preséntase ante os medios a Guía de Recursos que edita o Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras.
A Guía de Recursos é unha recopilación do entramado asociativo, económico, social, cultural e empresarial do territorio do Pacto e nela podemos atopar un directorio de teléfonos e enderezos dos servizos máis representativos de cada un dos concellos que conforman o Pacto: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga, Viana e Vilamartín de Valdeorras.

(Prema co rato na marxe dereita da portada da guía para comezala súa visualización)

Guia de Recursos Valdeorras Trives Viana. Emprego Valdeorras empregovaldeorras Recopilación do entramado asociativo, económico, social, cultural e empresarial do territorio do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras.Guía de Recursos editada polo Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras. Nela atopamos un directorio de teléfonos e enderezos do servizos máis representativos de cada un dos concellos que conforman o Pacto: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga, Viana e Vilamartín de Valdeorras.