SAÚDA


O Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras, órgano de carácter consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos do Barco, A Rúa, Petín, Carballeda, A Veiga, Vilamartín, Rubiá, Larouco, O Bolo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, Viana, A Pobra de Trives e Manzaneda. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras os sindicatos CCOO, UGT, CIG, a Confederación de Empresarios de Ourense, a Asociación Galega de Pizarristas e o Goberno galego. Este espazo ten como finalidade dar a coñecer as actividades da Comisión Técnica e ser un instrumento de comunicación entre os diferentes axentes sociais.

2.4.09

Guía de Recursos

Hoxe preséntase ante os medios a Guía de Recursos que edita o Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras.
A Guía de Recursos é unha recopilación do entramado asociativo, económico, social, cultural e empresarial do territorio do Pacto e nela podemos atopar un directorio de teléfonos e enderezos dos servizos máis representativos de cada un dos concellos que conforman o Pacto: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga, Viana e Vilamartín de Valdeorras.

(Prema co rato na marxe dereita da portada da guía para comezala súa visualización)

Guia de Recursos Valdeorras Trives Viana. Emprego Valdeorras empregovaldeorras Recopilación do entramado asociativo, económico, social, cultural e empresarial do territorio do Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras.Guía de Recursos editada polo Pacto Territorial de Emprego de Valdeorras. Nela atopamos un directorio de teléfonos e enderezos do servizos máis representativos de cada un dos concellos que conforman o Pacto: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa, Larouco, Manzaneda, Petín, Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga, Viana e Vilamartín de Valdeorras.

No hay comentarios: